Andrés Peña Graña

A desorientación pictórica que empeza a manifestarse nos últimos nos non debe facernos esquecer o prodixioso avance que desde comenzos do s.XX experimentou a pintura. Hoxe sabemos que ningunha interpretación esgota a realidade e que sempre hai un método novo capaz de aprehendela.

Partindo agora dun realismo minucioso , case de Flandes, na descripción do detalle miudo, vexo unha actitude ensimismada na obra de Ramón Astray, que penetra no dominio máis absoluto da fantasía ( de fanomai, “manifestar a realidade).

De novo unha fantasía contida – reprimida- onde o abigarramento das concorridas rúas e estacións inzadas de xente, semellan realmente estar desertas ou cargadas de ameaza. Unha ameaza producida pola tremenda tensión interna que trasmiten os persoaxes. O salón de billar repite esta sensación de illamiento e, de novo, no baile o recurso atrevido da perspectiva vertical e as cores claras e brilantes , sen claroscuro ilusionista, non consiguen afastarnos de toda a frontalidade da pintura bizantina e de aquel outro baile célebre de EDUARD MÜNCH. Astray ten unha forza enorme.

Andrés Pena Graña
Betanzos, octubre de 1997.