Afortunados os que, a través de sentido da vista, poden experimentar a incitación e os estimulos que desde o exterior inspirar e provocan admiración e deleite, sen que sexa necesario ser un docto na materia, porque percibir a beleza e acabar engaiolado, co ánimo infuenciado, ante unha reacción pracenteira que activa sublimemente o cerebro e o corpo e satisface dun xeito inconsciente, é un don – probablemente divino – e iso non se aprende, é innato; pero ten que ser orixinado.
Ramón Astray é quen de desencadear, a través da súa linguaxe plástica, toda esa serie de reaccións coa intensidade da súa expresión sincera, exenta de imitación da realidade, que descompón ata un estado figurativo, alegórico e simbólico- mesmo a costa de un desequilibrio formal- onde os trazos vigorosos e firmes debuxan contornos de figuras voluminosas e exuberantes, case escultóricas, a miúdo humanas, de protuberantes extremidades e ollos baleiros, arredor das cales xira todo o demais, e que enfeitizan, quizáis, polo seu xenial surrealismo, impregnado de boas doses de ironía.
Ruth Otero Vilar
Técnico de cultura do Concello de Santa Comba